- Título: O reiciño de Galiza
- Autor: Victor Hugo
- Tradución : Henrique Harguindey
- Editorial: Laiovento
- Idioma: Galego
- Ano 3ª edición: 2022
- Número de páxinas: 149
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788489896475
Le petit roi de Galice -un capítulo da visión poética da Historia constituída por La Légende des siècles- é unha composición épica de importancia certa, tanto para a crítica literaria como para o propio autor, que chegou a deseñar unha portada onde se xunguen a paisaxe compostelá e a historia de Nuno.
A emotividade e intensidade do texto huguiano consérvase plenamente na versión galega -tamén en verso- de Henrique Harguindey. Os lectores e lectoras poderán, a maiores, ler e gozar o texto orixinal, situado en paralelo á tradución.
Na rompente da maré dese xenio da Literatura, a ondiña galega segue a borboriñar e a ser ouvida co seu propio son.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.