- Título: Léxico familiar
- Autor: Natalia Ginzburg
- Tradución : María Alonso Seisdedos
- Editorial: Laiovento
- Idioma: Galego
- Ano edición: 2022
- Número de páxinas: 200
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788484875888
Léxico familiar é o libro de Natalia Ginzburg que maiores e máis duradeiras reflexións ten provocado na crítica e nos lectores. A chave desta novela extraordinaria trázase xa no título. Primeiro «familiar», porque narra a historia dunha familia xudía e antifascista: os Levi, en Turín, entre os anos trinta e cincuenta do século pasado. E «léxico», porque os camiños da memoria pasan a través da lembranza de frases, maneiras de dicir, expresións particulares. Escribe Ginzburg: «Nós somos cinco irmáns. Agora vivimos en cidades distintas, algúns están no estranxeiro e non nos carteamos con frecuencia. Cando nos atopamos, podémonos mostrar uns cos outros indiferentes ou distantes. Pero abonda, entre nós, unha palabra. Abonda unha palabra, unha frase, unha daquelas frases antigas, ouvidas e repetidas infindas veces na época da nosa infancia, abonda dicir: “Non viñemos a Bérgamo para namoriscar” ou “A que fede o ácido sulfhídrico?», para reencontrarmos no acto as relacións de en tempos, a nosa infancia e mocidade, ligadas de maneira indisoluble a esas frases, a esas palabras».
Valoraciones
No hay valoraciones aún.