- Título: A culpa
- Autor/a: María Solar
- Editorial: Xerais
- Idioma: Galego
- Año edición: 2022
- Número de páginas: 334
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788411101776
XXXIX PREMIO XERAIS DE NOVELA
Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamente na súa única herdeira.
A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigación sobre a identidade da anciá e descobre a historia vital que uniu de por vida a dúas mulleres poderosas: os terribles segredos que as devoran, as culpas que as perseguen e a tóxica relación entre elas remata nun final perturbador.
Amanda non só herdou unha fortuna, tamén herdou unha culpa.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.