Vitamina N

17,00

Unha guía de propostas creativas, divertidas e para todas as idades, animándonos a interactuar co mundo natural, que tantos beneficios físicos, intelectuais e emocionais proporciona: dende un paseo polo bosque ata mirar as estrelas.

Disponibilidad: 1 disponibles (puede reservarse)

Caracteres restantes/máximo:100/100
  • Título: Vitamina N. Guía esencial para unha vida rica en natureza.
  • Autor: Richard Louv
  • Tradución: Carlos Acevedo
  • Editorial: Kalandraka
  • Colección: Factoría K
  • Idioma: Galego
  • Ano edición: 2019
  • Número de páxinas: 311
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788416721504

As probas indican que as experiencias nos espazos naturais poden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade, axudar a previr ou reducir a obesidade e a miopía, reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxes para a saúde física e psicolóxica. Ademais, o tempo que se pasa na natureza tamén pode mellorar a socialización e reducir a violencia social, estimular a aprendizaxe e a creatividade, reforzar a ética conservacionista…

Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxía provocou a aparición do denominado trastorno por déficit de natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolución a adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamos
o medio natural pola cidade; da comunidade rural pasamos a unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a exposición á velocidade e á hiperestimulación dos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituouse a manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar Internet nun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitan ou ven series de televisión; para eles, a natureza tense reducido a un estímulo lento.

«Vitamina N» (de natureza) é un manual único, completo e práctico, para todas as idades, con máis de 500 consellos e propostas prácticas de actividades creativas, divertidas e eficaces para interactuar coa natureza: fórmulas para calmar os bebés,
construir un glosario de termos naturais, unirse a clubs de natureza, axudar a reparar hábitats danados… Despois dunha década entrevistando a familias rurais e urbanas dos Estados Unidos, Louv concluíu que moitos rapaces e adultos non teñen contacto abondo coa natureza. A crenza popular de que o medio natural exerce unha influencia positiva e directa sobre a saúde está pasando da teoría á demostración a través de investigacións con resultados convincentes.

Esta edición está impresa en papel procedente de bosques e plantacións xestionados con estándares que garanten a explotación sostible dos recursos. As Lecturas ao Natural da colección Vitamina N cumpren así cos requisitos ambientais e sociais recollidos no proxecto «Libros amigos dos bosques»

 

Peso 0,450 kg

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Vitamina N”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio