UNHA ÚLTIMA CARTA

Antonis Papatheoudoulou

UNHA ÚLTIMA CARTA

«Unha última carta» transpórtanos a unha pequena e fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible para todos.

16,00€

Disponibilidad: 1 disponibles

Caracteres restantes/máximo:100/100

«Unha última carta» transpórtanos a unha pequena e fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible para todos. Empregando unha linguaxe poética e metafóricaque xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficiode repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novas. As ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes. Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos de planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior do bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático, cunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres, e coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor.

UNHA ÚLTIMA CARTA

Autor Antonis Papatheoudoulou
Portada Ver portada
Editorial Kalandraka
Año 2016
Idioma Galego
Encuadernación Tapa dura
Nº de páginas 48
ISBN 9788484642718
Colección Premio Compostela

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “UNHA ÚLTIMA CARTA”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio