Nas aulas dos institutos e dos colexios conviven alumnos que dirixen e producen as súas propias curtametraxes ou que simulan a creación de empresas con pezas que elaboran en impresoras 3D. Sorprende a habilidade dos máis pequenos para crear mundo vituais e tamén para expresar as súas emociòns: “Síntome mal cando me dis iso”, escóitase en Infantil. Os avances nun mundo cada vez máis dixital e global demandan novas fórmulas de ensino. Os alumnos precisan fixar valores e destrezas para afrontar o presente e o futuro. É urxente adaptarse a un escenario cambiante, con profesións difíciles de prever, onde non serven os esquemas estáticos tradicionais. Na educación está a clave.
Este libro é unha mostra de experiencias innovadoras en centros educativos de Galicia con numerosos galardóns autonómicos e nacionais. Os docentes que aplican métodos autonómicos e nacionais. Os docentes que aplican métodos exitosos explican os pasos que foron dando para adptarse a esta nova realidade e lograr o mellor do alumnado. As súas ideas poden servir de axuda a moitos outros mestres, profesores ou orientadores, ademais de guiar as familias na educación dos fillos e das fillas. Como indican os protagonistas desta ruta da innovación: “Compartindo, melloramos todos”.
Unha educación de premio
Selina Otero
Unha educación de premio
O reto de docentes que emocionan o alumnado cun ensino de vangarda e a mirada posta no futuro
15,80€
Disponibilidad: 3 disponibles
Unha educación de premio
| Autor | Selina Otero |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Galaxia |
| Año | 2018 |
| Idioma | Galego |
| Encuadernación | Tapa blanda |
| Nº de páginas | 132 |
| ISBN | 9788491511656 |
| Colección | Biblioteca de Intervención Social / Didáctica |
Sé el primero en valorar “Unha educación de premio” Cancelar la respuesta



Valoraciones
No hay valoraciones aún.