Un gato na árbore

Pablo Albo

Un gato na árbore

Un conto con moito humor que emprega os recursos esenciais da oralidade.

15,00€

Disponibilidad: 1 disponibles

Caracteres restantes/máximo:100/100

Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan á beira da árbore soben coa intención de axudalo; pero a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non soporta tanto peso… O conto desenvólvese en escenarios cotiáns, onde realidade e fantasía se mesturan. Mais o autor dálle unha fasquía de credibilidade a todos estes sucesos que de primeiro poderían parecer inverosímiles. Ao cabo, todo se resolve grazas á intervención da natureza que, de maneira sinxela e natural, reconduce a historia cara a un final feliz. Un conto con moito humor que emprega os recursos esenciais da oralidade. Apréciase o oficio do autor, contacontos, que olla os pequenos detalles da vida, ao tempo que esperta a curiosidade pola lectura e pola experiencia literaria. A historia presenta recursos acumulativos usados de forma lúdica e moi expresiva, e ofrece posibilidades para a dramatización e a experimentación co feito literario. O narrador tamén lle fai chiscadelas ao lector e dálle información que, en chave cómica, axuda a comprender o relato. Á parte, estas chamadas introducen pausas, nunha historia estimulante e atractiva que se desenvolve a un ritmo trepidante.

Un gato na árbore

Autor Pablo Albo
Portada Ver portada
Editorial OQO editora
Año 2008
Idioma Galego
Encuadernación Tapa dura
Nº de páginas 40
ISBN 9788498710250

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Un gato na árbore”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio