Soños no limiar

19,95

A colección Candemaia xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra .
Son libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas , mozas e adultas , fiemos un tecido máis humano , máis respectuoso . Cada libro leva a achega dun home porque esta colección está feita a latexos igualitarios . De todos sacaremos algo , leremos sobre vidas , ficticias ou reais , e non nos deixarán indiferentes.

 

 

Disponibilidad: 1 disponibles (puede reservarse)

Caracteres restantes/máximo:100/100
  • Título: Soños no limiar
  • Autora: Fatema Mernissi
  • Editorial: Laiovento
  • Colección: Candemaia
  • Idioma: Galego
  • Ano 1ª edición: 2022
  • Número de páxinas: 237
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788484875659

Soños no limiar de Fatema Mernissi (1940-2015) foi a súa única novela , onde narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén en Fez nos anos 40 . A ollada tenra dunha nena que ve o mundo que a rodea e non entende , a visión do masculino e o fiminimo , os soños e esperanzas arrolados polos contos de Sheherezade e as princesas dos Contos das mil e unha noites .
Polo medio de historias cóntanos que é un harén ou onde están os límites de hudud , vainos facendo pensar e sentir desde unha físgoa moi estreita un mundo moi amplo como é o árabe desa época . Un relato cheo de tenrura , nostalxia , espectáculos , bailes , comidas , sabores , sons , porque as palabras son o verdadeiro camiño á liberdade .

Peso 0,340 kg

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Soños no limiar”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio