Por que?

Nikolai Popov

Por que?

Fronte á barbarie da guerra, un libro visual que alenta as persoas a seren promotoras do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.

14,00€

Disponibilidad: 1 disponibles

Caracteres restantes/máximo:100/100

Sinopsis de Por que?

O despropósito da guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte asómanse en toda a súa crueza ás páxinas deste libro visual; unha fábula que comeza coa bucólica estampa dunha ra gozando do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca para quitarlla. Xorde daquela unha loita entre dous bandos cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que dá lugar a emboscadas e bombardeos. Dun prado florido, a un lugar desolado; dunha minucia, a un gran conflito sen mediar nin unha soa palabra.

A Segunda Guerra Mundial deixou unha fonda pegada na nenez de Nikolai Popov: o avance do exército nazi sobre a Unión Soviética, as bucinas marcando a apresurada fuxida da poboación aos refuxios, xogar entre os restos das bombas sen comprender o seu efecto letal ata que unha estalou nas mans doutro neno, o recordo dos soldados mutilados volvendo trala rendición alemá… Pero sería a obra de Tolstoi, Dostoievski, Hemingway e Remarque o que decantou a ideoloxía pacifista do autor de “Por que?”.

Esta edición de KALANDRAKA recupera a versión orixinal da obra, sen texto. Porque as ilustracións, de estilo clásico, teñen un gran poder comunicativo e narran visualmente a historia, ata extremos sorprendentes pola súa capacidade para reflectir o galopante delirio militarista e destrutivo. Fronte á barbarie, o propio autor alenta os lectores a seren promotores do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.

Por que?

Autor Nikolai Popov
Portada Ver portada
Editorial Kalandraka
Año 2018
Idioma Galego
Encuadernación Tapa dura
Nº de páginas 40
ISBN 9788484643678

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Por que?”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio