Poden pensar as máquinas?

Senén Barro

Poden pensar as máquinas?

17,00

Disponibilidad: 1 disponibles (puede reservarse)

Caracteres restantes/máximo:100/100

Sinopsis de Poden pensar as máquinas?

A intelixencia artificial (IA) dedícase a percorrer o camiño que vai das máquinas carentes de entendemento ás que razoablemente podemos considerar intelixentes. Aínda que ten xa décadas de historia, cunha vida de altibaixos, se a comparamos con outros campos do saber é unha disciplina científico-tecnolóxica recente.

O físico Senén Barro é todo un experto en intelixencia artificial. Este 2026 Alvarellos Editora publica o seu ensaio Poden pensar as máquinas? onde, dun xeito divulgativo e ameno, nos introduce neste novo mundo que se abre ante nós.

O impacto que a IA está a exercer nas nosas vidas é de tal calibre que non paramos de nos asombrar e de formulármonos moitas preguntas. Isto é normal e, ademais, é bo que así sexa. Ao cabo, aínda que as máquinas nos dean cada día máis e mellores respostas, as preguntas –sobre todo as máis transcendentes– seguen a ser nosas.

Por iso este libro comeza cunha pregunta: Poden pensar as máquinas?, e discorre facéndose moitas outras: Que é a Intelixencia Artificial e como xurdiu? Son parecidos un cerebro e unha computadora? Alcanzarán as máquinas a superintelixencia?

Agardamos que atopen aquí algunhas respostas, mais sobre todo que estas páxinas lles susciten moitas máis preguntas…

Poden pensar as máquinas?

Autor Senén Barro
Portada Ver portada
Editorial alvarellos
Año 2026
Idioma Galego
Encuadernación Tapa blanda
Nº de páginas 133
ISBN 9788418567902
Colección Oeste

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Poden pensar as máquinas?”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio