Sinopsis de Piñeiro
Poema visual recitable a base de debuxos rimados e ritmados. A lúa e o sol, tan afastados e próximos, dispóñense coma versos e retrouso no espazo dunha páxina. A colección «Do berce á lúa» está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, para os que se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado para designar unha nova modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a «educar o ollo e adozar o oído» do pequeno lector, como explica Antonio Rubio. A disposición espacial dos obxectos e o recoñecemento do contorno, tan importantes dende idade temperán. Versos e imaxes unidos para favorecer a lectura autónoma.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.