Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos

Moisés Quintas y Victoria Pérez

Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos

35,00

Disponibilidad: 1 disponibles

Caracteres restantes/máximo:100/100

Sinopsis de Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos

Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos consta de dúas partes complementarias. Por unha banda, un texto onde quedan clasificados de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados da nosa terra, afondando nas súas características, momento da interpretación, finalidade… E por outra parte, un CD con 31 melodías escollidas dos nosos cancioneiros e de fontes vivas, que recompilan a maior parte dos xéneros musicais que se tratan no texto, incluíndo as súas partituras.
Unha viaxe no tempo para sentir o alalá na voz cálida de Uxía, que nos leva séculos atrás, a esa hora do serán onde as notas melancólicas do alalá falan da alma de Galicia, para escoitar un arrieiro solitario turrando pola besta na impoñente voz de Xisco Feijoó, o anguriante canto de cego ao son da zanfona na profunda voz de Tino Baz, ou mesmo melodías de gaita inéditas do gaiteiro Libardón, escoitadas na montaña de Lobeira.
O noso desexo é que te achegues, coñezas e desfrutes dos xéneros musicais tradicionais e populares da nosa terra a través destas páxinas e audios, e así, valorar e apreciar este gran legado musical que nos pertence a todas e a todos.

Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos

Autor Moisés Quintas y Victoria Pérez
Portada Ver portada
Editorial Hércules Ediciones
Año 2025
Idioma Galego
Encuadernación Tapa dura
Nº de páginas 296
ISBN 9788419754868

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio