O curioso mundo de Calpurnia Tate

18,00

Fascinada coa ilusión de chegar a ser veterinaria cando sexa maior, Calpurnia vai precisar o seu enxeño para conseguir que os seus soños se fagan realidade nunha época e nun contexto social que lle tiña preparados outros plans para o seu futuro.

Disponibilidad: 1 disponibles (puede reservarse)

Caracteres restantes/máximo:100/100
  • Título: O curioso mundo de Calpurnia Tate
  • Autora: Jacqueline Kelly
  • Tradución: Carlos Acevedo
  • Editorial: Kalandraka
  • Colección: Factoría K
  • Idioma: Galego
  • Ano edición: 2018
  • Número de páxinas: 349
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788416721177

Corre o ano 1900 e Calpurnia quería ampliar os seus coñecementos
sobre a natureza, os animais e a ciencia, pero un devastador
furacán vén alterar os seus plans. Canda Travis, o seu irmán menor,
a rapaza coñece o veterinario Jacob Pritzker, quen acepta
que o acompañe nas súas visitas. Mais cando Calpurnia anuncia
na casa que de maior quere ser doutora de animais, recibirá
por resposta un rotundo “non”. Mudarán de impresión cando
a moza axuda a salvarlle a vida a Brancaneves, unha ovella
moi prezada na súa familia. A chegada da súa curmá Agatha
tamén lle deixará pegada, ao transmitirlle novas inquedanzas.
Segredos, revelacións e humor son os ingredientes da continuación
de “A evolución de Calpurnia Tate”, na que a protagonista segue
dando probas da súa firme e decidida personalidade malia vivir
nunha sociedade tradicional e conservadora dunha pequena vila
de Texas, a cabalo dos séculos XIX e XX.
Precisamente, no cambio de centuria xorden novos inventos
e avances científicos que prenden o optimismo de Calpurnia,
quen entra na adolescencia mantendo a súa inocencia, bondade
e sentido da xustiza, acentuando as súas ansias de independencia,
pero sendo cada vez máis consciente das barreiras que lle impoñen
polo feito de ser unha rapaza. Fronte ás dificultades, ela mantense
na idea de seguir afondando na observación do medio natural
e nos escritos de Darwin, aprender mecanografía e estudar
unha carreira universitaria.
“O curioso mundo de Calpurnia Tate” mantén o ton entrañable
da primeira parte, ao abeiro dunha prosa consistente, fluída
e amena

 

Peso 0,540 kg

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O curioso mundo de Calpurnia Tate”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio