Murguía. Un século despois

14,96

Cen anos despois do seu pasamento, Henrique Rabuñal apreixa a súa biografía intelectual para sabermos máis de nós mesmos, para calibrar a valía das súas achegas e dos seus devezos, sempre encamiñados no servizo a Galiza e na defensa dos seus intereses, dignidade e soberanía.

 

 

Disponibilidad: 1 disponibles (puede reservarse)

Caracteres restantes/máximo:100/100
  • Título: Murguía. Un século despois
  • Autor: Henrique Rabuñal
  • Editorial: Laiovento
  • Idioma: Galego
  • Ano 1ª edición: 2022
  • Número de páxinas: 134
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788484876090

Home de inmensa cultura, lector infatigábel, enérxico polemista, auténtica enciclopedia galega, Manuel Murguía combinou a militancia galeguista e progresista para ser un dos grandes xornalistas, o historiador da nación galega por excelencia, un conflitivo funcionario, a cabeza visíbel do rexionalismo e o primeiro presidente da Academia Galega.

Compartiu con Rosalía de Castro tres décadas intensas, unha familia, moitos proxectos e á memoria e grandeza dela dedicou, cos seus erros e acertos, unha morea de esforzos.

Ademais de centos de artigos, escribiu un conxunto de libros que superan as 7000 páxinas. Entre eles os cinco tomos da Historia de Galicia complementados co monumental Galicia, o estudo sobre El foro, o Diccionario de EscritoresEl regionalismo gallegoEl arte en Santiago durante el siglo XVIIIDiego Gelmírez ou Los trovadores gallegos. Da súa obra de creación merece destacarse En prosa. Sen esquecer a singularidade do seu libriño para as escolas La primera luz e Los Precursores, memoria da súa vida e do seu tempo.

 

Peso 0,4 kg

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Murguía. Un século despois”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio