Moza falangueira procura lingua materna

16,95

A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma “ferramentas para intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos”.

 

 

Disponibilidad: 1 disponibles (puede reservarse)

Caracteres restantes/máximo:100/100
  • Título: Moza falangueira procura lingua materna
  • Autora: Carys Evans-Corrales
  • Tradución: Pepe Coira e Marta Cuba
  • Editorial: Laiovento
  • Idioma: Galego
  • Ano 2ª edición: 2023
  • Número de páxinas: 180
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788484876137

“O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras”. Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás…) e protagonista dunha singular peripecia vital.

Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia…

 

Peso 0,4 kg

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Moza falangueira procura lingua materna”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio