Sinopsis de MÍSTER MAGNOLIA
«Míster Magnolia» é un clásico de Quentin Blake publicado en 1980 e galardoado con importantes premios; un relato rimado cuxo protagonista é un simpático personaxe co que os lectores poden enumerar, do 1 ao 10, distintos elementos que o rodean. De ton alegre e contaxioso, a historia de Míster Magnolia destaca polo humor e a sucesión de disparatadas anécdotas que ocorren, entre as que -a modo de retrouso- se repite a ausencia dunha bota nun dos seus pés. Todo cambia coa chegada, por sorpresa, dun paquete envolto en papel de agasallo. Polo seu ritmo acumulativo, a repetición de estruturas narrativase o carácter descritivo das ilustracións, «Míster Magnolia» é un álbum ideal para practicar a lectura en voz alta, facilitando a participación do público.







Valoraciones
No hay valoraciones aún.