- Título: Aquela praia dos Hamptons
- Autor: Marco Malfatto
- Tradución: Iago Nicolás
- Editorial: Kalandraka
- Colección: Factoría K
- Idioma: Galego
- Ano edición: 2022
- Número de páxinas: 144
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788419213112
Mentres agardaba por Merton aquela mañá no seu despacho
de Queens, onde levaba xa un cuarto de hora sentado co mellor
ánimo despois de ser citado ás dez polo propio Merton,
descubrín alarmado e por casualidade ao cruzar as pernas que,
sen ningunha explicación máis alá do simple desgaste,
levaba un burato no calcañar do calcetín dereito do diámetro
da nora de Coney Island, o que me sumiu nun estado
de abatemento moi desaconsellábel para afrontar
a reunión en que Merton, como xa me anunciara,
ía encomendarme o guión dunha nova serie.
A recomendación por parte do seu terapeuta dun paseo
relaxante polas praias dos Hamptons leva o protagonista
desta historia a coincidir cun exitoso produtor
de televisión que coñece dende hai tempo, quen lle ofrece
a posibilidade de revitalizar a súa carreira como guionista
e lle encarga o guión dunha bucólica serie familiar ambientada
nas montañas. Con todo, o único que parece preocuparlle
é un burato no seu calcetín dereito.
A partir dese momento, irase revelando de forma progresiva
unha realidade marcada por delirantes e cómicas obsesións.
A súa única redención parece ser volver unha vez e outra
a aquela praia dos Hamptons para encontrar
o sosego e a inspiración que precisa para terminar
o seu guión.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.